| Plan Renove de Electrodomésticos 2009
|
Obxectivo
O Plan Renove de
Electrodomésticos está incluído no Programa IDAE-INEGA 2009 de Axudas
Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción
2008-2012 da E-4.
O fin deste plan é o de fomentar a redución do
consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da
substitución de electrodomésticos antigos por equipos con etiquetado
enerxético de clase A ou superior, de mellor nivel de eficiencia
enerxética.
Estas axudas están destinadas a persoas físicas ou
xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, como máximo,
substitúan un único electrodoméstico de cada tipo (frigorícos,
conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas) por outros con
etiqueta enerxética de clase A ou superior.
O prazo de
presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto dende o 5
de outubro de 2009 ata o día 30 de outubro de 2010 ou ata que se
esgote o orzamento destinado a esta finalidade e que ascende a 4.000.000
€.
O Inega habilitou tres teléfonos para aclarar calquera tipo de
dúbida sobre o Plan Renove de Electrodomésticos. Os números son: 981 957
146, 981 541 505 e 981 957 275.
Documento Completo do Plan Renove 2009 [PDF]
Información sobre a xestión de residuos de
aparellos eléctricos e electrónicos.
Información Xestión Residuos [PDF]
Consulta base de datos electrodomésticos eficientes
IDAE
Prema no seguinte enlace para consultar
Altas+Rexistro de Compras
Alta de Novos
Comercios
Para darse de alta como novo
comerciante dentro do Plan Renove de Electrodomésticos
2009 deberá cubrir o seguinte formulario.
Alta de
Novo Comercio >> | |
Rexistro de Compras
Para
formalizar unha compra o comerciante, previamente rexistrado,
deberá incorporar os datos da compra ao
rexistro.
Rexistrar
Compras
>> | |
Comercios Adheridos
Pulsando na seguinte ligazón
poderá consultar os comercios adheridos ao Plan Renove de
Electrodomésticos 2009.
Listaxe de
Comercios Adheridos >>
Dúbidas máis Frecuentes
Pulsando na seguinte ligazón
poderá consultar as dúbidas máis frecuentes referentes ao Plan Renove de
Electrodomésticos.
Dúbidas
Frecuentes >>
|