>  CARNÉ FAMILIAR GALEGO

CARNÉ FAMILIAR GALEGO

Que é o carné familiar galego e as súas vantaxes?

O carné é unha tarxeta persoal e intransferible da que se poden aproveitar os membros das familias numerosas que soliciten a súa expedición, por cumpriren os requisitos necesarios para estaren incluídos dentro do título oficial de familia numerosa.

Co carné familiar galego podes obter no noso país vantaxes e descontos de grande importancia nos establecementos que se inclúen como colaboradores deste programa. O único requisito para ter dereito a te aproveitares destas vantaxes e dos descontos é que nunca poden acumularse con outras ofertas.

Para conseguilo, unicamente deben cubrir o impreso de solicitude, indicando os datos que se che piden sobre os membros da familia que o solicitan.

A vixencia do carné que recibirá será igual que a do título de familia numerosa.

Que son as entidades colaboradoras?

Os/as colaboradores/as con este carné son persoas, empresas e entidades adheridas de xeito voluntario que acordan conceder beneficios ou calquera outro servizo ás persoas posuidoras do carné familiar.

As persoas titulares do carné familiar galego terán dereito a:

  • Vantaxes e beneficios que as entidades colaboradoras regulan no programa do carné familiar galego.
  • Facer reclamacións formais no caso de que algunha entidade colaboradora non levase a cabo as vantaxes ou os descontos que se estableceron
  • Calquera titular do carné familiar galego deberá identificarse se a entidade colaboradora o solicitar, mediante a presentación do DNI e, no caso de menores, co título de familia numerosa ou cunha fotocopia compulsada deste.

Máis Información

Consellería de Política Social.
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
San Caetano s/n 15781 Santiago de Compostela

Tfno.981 957 027

Documentos adxuntos

Ligazóns

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a