Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio> Novas/Avisos

Convocatoría de prazas de colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar


25/06/2010

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde do 15 de xuño de 2010 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas, entre 18 a 30 anos, que estean cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria ou ciclo formativo de grao superior que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil,  entre outros requisitos.

A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período de funcionamento. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ao bolseiro a normal realización dos seus estudos.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

  • Centro Residencial Xuvenil LUG (Lugo): 4 home/muller
  • F.L. Cuevillas (Ourense): 5 home/muller
  • Altamar (Vigo): 6 home/muller.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 26 de xullo.


Documentos relacionados: