Convocadas as prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2010/2011
22/06/2010
A Consellería de Traballo e Benestar convoca prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2010/2011.
Poderán optar ás prazas obxecto desta convocatoria os/as mozos e mozas estudantes que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Que non supere os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres nos se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios para os cales o solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta orde.
Documentos relacionados: