Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio> Novas/Avisos

Axudas para garantir a recepción de TDT en fogares de colectivos en risco de exclusión social


08/06/2010

A Secretaría Xeral de Medios convoca axudas en especie consistentes na entrega do equipamento necesario para garantirlles aos fogares galegos dos colectivos en risco de exclusión social a recepción das canles da TDT a través do satélite.

Obxecto:  axudas en especie, consistentes na entrega do equipamento de recepción da TDT de satelite a aqueles cidadáns galegos en situación de risco de exclusión social que residan nas zonas de sombra de cobertura da TDT. Este equipamento estará composto por antena parabólica, LNB, cable, conversor, conectores, soporte e equipo de recepción capaz de decodificar as canles anteriormente sinaladas.

Beneficiarios/as: as persoas físicas que residan nunha zona de sombra onde non se reciban as canles de televisión da TDT por vía terrestre e pertenzan a algún destes colectivos:

  1. Persoas maiores de 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de grao II ou III
  2. Persoas cun grao de discapacidade do 33% ou superior, constará como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual
  3. Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou en compaña doutra persoa maior de 80 anos


Documentos relacionados: