Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio> Novas/Avisos

Listas definitivas de nenas/os admitidas/os nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar


03/06/2010

Resolucións do 28 de maio de 2010, dos correspondentes departamentos territoriais, polas que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2010-2011 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

As listas definitivas de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso poderanse consultar nos correspondentes departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web (http://benestar.xunta.es) e (http://www.escolasinfantis.net) e nos propios centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido, de conformidade coa orde, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado de certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web (http://benestar.xunta.es) e (http://www.escolasinfantis.net).


Documentos relacionados: