Bono turístico #QuedamosenGalicia21

13/04/2021

Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2.

Persoas beneficiarias

  • Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
  • Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.

Características do Bono turístico #QuedamosenGalicia21

1. O Bono turístico #QuedamosenGalicia21 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado polo beneficiario nun 40 \%, cun importe máximo de 200 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 60 \%, cun importe máximo por tarxeta de 300 euros.

2. A persoa solicitante poderá elixir entre tres importes da tarxeta prepagamento:

Importe total da tarxeta

Achega Administración

Achega solicitante

500 €

300 €

200 €

375 €

225 €

150 €

250 €

150 €

100 €

3. As persoas beneficiarias deste programa, resolto o procedemento descrito nestas bases e realizado o copagamento, recibirán una tarxeta co importe total para o seu uso, nos servizos e produtos das empresas adheridas a este.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de novembro


Solicitude e tramitación en liña

 



borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a