Cultura, Educación e Universidade: probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional

09/02/2021

Obxecto:  regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2021.

Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C).

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba

Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Solicitude e tramitación en liña

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D).

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Solicitude e tramitación en liña...

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a