Sanidade: territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia

06/04/2021

Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Antiga e Barbuda, Arxentina, Aruba, Bermudas, Bonaire, Brasil, Chile, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Illas Turks e Caicos, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Uruguai.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Xordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Albania, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Illa de Man, Italia, Kosovo, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega, Polonia, República Checa, Romanía, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e Ucraína.

e) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Asturias, Cataluña, Ceuta, Madrid, Melilla, Navarra e País Vasco.

 

Mais información: https://www.sergas.gal/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs

 

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210406/AnuncioC3K1-050421-0001_gl.pdf

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a