Medidas en Galicia para facer fronte á crise sanitaria no marco do estado de alarma

04/11/2020

No DOG nº 223-bis do 4 de novembro publícanse o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 e a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbitos territoriais con limitacións:

  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.
  • ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada.
  • ámbito territorial do concello de Lugo.
  • ámbito territorial do concello de Viveiro.
  • ámbito territorial do concello de Burela.
  • ámbito territorial do concello de Monforte de Lemos.
  • ámbito territorial do concello de Vimianzo.
  • ámbito territorial do concello de Xinzo de Limia.
  • ámbito territorial do concello de Cangas.
  • ámbito territorial do concello de Ponteareas.
  • ámbito territorial do concello de Tui.
  • ámbito territorial do concello do Grove.
  • ámbito territorial do concello do Carballiño.
  • ámbito territorial do concello de Verín.

 

Documentos relacionados:

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a