Medidas sociais complementarias para a protección por desemprego e de apoio ao sector cultural

04/11/2020

No BOE nº 291 do 4 de novembro publícase Real Decreto-lei 32/2020, do 3 de novembro,polo que se aproban medidas sociais complementarias para a protección por desemprego e de apoio ao sector cultural.

Entre todas as medidas cabe destacar:

1 Subsidio especial por desemprego

  • Dará cobertura a quen esgotase as súas prestacións entre o 14 de marzo e o 30 de xuño de 2020 e non teñan acceso a outras axudas nin posibilidade de incorporarse ao mercado laboral.
  • Os posibles beneficiarios e beneficiarias han de estar en situación de desemprego e rexistrados nos sistemas públicos como demandantes e carecer do dereito á protección por desemprego de nivel contributivo ou asistencial regulada no título III do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social ou a calquera das axudas ou prestacións.
  • Tamén poderán acceder ao subsidio as persoas que estean a cumprir o mes de espera para acceder ao subsidio de esgotamento da prestación contributiva.
  • O subsidio non será compatible coa percepción da renda mínima, a renda de inclusión, salario social ou axudas análogas de calquera administración pública.

2 Prórroga do acceso extraordinario ao desemprego dos artistas de espectáculos públicos,  ata o 31 de xaneiro de 2021

3 Subsidio para persoal técnico e auxiliar da cultura

4 Facilidades para a tramitación e mellora aos fixos descontinuos

 

Mais información: https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/04/pdfs/BOE-A-2020-13490.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a