Cultura, Educación e Universidade: premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plást

30/10/2020

Obxecto: convocar premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais para o alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED311F).

 Número e características dos premios:

  • Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 premios na modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.
  • A contía non poderá exceder os 850 euros e estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais poderán concorrer, logo da inscrición, ao correspondente premio nacional.
  • Estes premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de ensinanzas artísticas profesionais.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de novembro

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201030/AnuncioG0598-191020-0001_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a