Vivenda: continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións

20/05/2020

No DOG nº97, do 20 de maio, publícase a resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dispón a continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións (códigos de procedemento VI432C, VI432D, VI406A, VI422E e VI422F).  Correspondente aos seguintes procedementos:

  • Subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432C)-Resolución do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020).
  • 26 días naturais
  • Subvencións do programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432D)-Resolución do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020).
  • 26 días naturais
  • Subvencións do programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (código de procedemento VI406A)-Resolución do 6 de febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).
  • 48 días naturais
  • Subvencións do programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021 (código de procedemento VI422E)-Resolución do 6 de febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).
  • 13 días naturais
  • Subvencións do programa para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal (código de procedemento VI422F)-Resolución do 6 de febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).
  • 48 días naturais

 

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a