Turismo: deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios

19/05/2020

Resolución do 8 de maio de 2020 (DOG nº96, do 19 de maio de 2020), pola que se deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios, entre as que destacan:

– Resolución do 2 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU900A) (DOG do 11 de febreiro).

– Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión ás festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU500A) (DOG do 16 de decembro).

– Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501B) (DOG do 19 de novembro).

 

Orixe:

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a