Valedor do Pobo: convocatoria da primeira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM

17/03/2020

Os traballos presentados deben ser orixinais e deberán destacar polo seu elevado valor científico académico en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Os ditos traballos non poden ter sido publicados, agás o disposto no parágrafo seguinte, nin premiados en calquera convocatoria ou concurso con anterioridade á data na que se dea publicidade á resolución do xurado. Para estes efectos, entenderase que un traballo foi publicado cando se atope reproducido de forma múltiple en calquera formato de impresión ou medio audiovisual, xa sexa con contraprestación económica ou de forma gratuíta.

Serán admitidos os traballos que fosen publicados exclusivamente no repositorio institucional da universidade correspondente e de acordo coa normativa que lle sexa de aplicación.

Os traballos deben ter sido lidos, defendidos e/ou xulgados, segundo proceda, ante un tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020.

Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.

O xurado poderá conceder os seguintes premios:
  • Premio ao mellor traballo fin de grao (TGF): 1.000 € e diploma acreditativo.
  • Premio ao mellor traballo fin de máster: 1.000 € e diploma acreditativo.
As solicitudes estarán á disposición das persoas interesadas no enderezo electrónico da Valedoría do Pobo www.valedordopobo.gal, da Universidade de Santiago de Compostela www.usc.es, Universidade da Coruña www.udc.es e da Universidade de Vigo www.uvigo.es, e no Rexistro da Valedoría do Pobo (rúa do Hórreo, nº 65, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas, de luns a venres, e nos rexistros das universidades.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2020



borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a