Mobilidade: Suspendida a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público inte

24/03/2020

No DOG nº58, do 24 de marzo, publícase Acordo do 20 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se deixa sen efecto o Acordo do 11 de marzo de 2020 polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia.

 

Acordo de suspensión

 

No DOG nº 50, do 13 de marzo, publícase o Acordo do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia., co fin de realizar, con efectos do 23 de marzo, unha primeira expansión do ámbito territorial de aplicación da tarifa Xente Nova, regulada pola Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (DOG nº 248, do 31 de decembro), aos servizos de transporte público interurbano da titularidade da Xunta de Galicia que se desenvolvan na provincia de Ourense, así como aos que o fagan nos concellos do contorno do de Pontevedra, que aparecen específicados no acordo.

A posibilidade efectiva de acceder á tarifa Xente Nova estará condicionada á efectiva dispoñibilidade de máquinas canceladoras habilitadas para o pagamento coa TMG e a TMG Xente Nova por parte do conxunto de vehículos adscritos a cada concesión de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral.

Acordo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200313/AnuncioG0533-110320-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a