Escolas Infantís Consorcio: apertura do prazo para solicitar praza
01/03/2010
Do 1 ao 12 de marzo poderá realizarse a reserva ou a renovación de praza, mentres que o prazo de preinscrición para novos/as usuarios/as será do 15 de marzo ao 15 de abril.
As instancias recolleranse para cada escola nos enderezos indicados no anexo I da resolución, que pode consultarse na páxina web do Consorcio.
O horario, salvo especificacións concretas, será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
As listas provisionais de admitidos/as e de agarda publicaranse o día 3 de maio e haberá un prazo de reclamacións de 10 días hábiles. As listas definitivas daranse a coñecer o 1 de xuño e, por último, o prazo de matrícula desenvolverase do 2 ao 22 de xuño.
Os listados provisionais e definitivos poderán consultarse, nas datas indicadas, nos taboleiros de anuncios dos concellos, das escolas infantís que xa están en funcionamento e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na páxina web deste organismo (www.igualdadebenestar.org), no apartado de anuncios.
Pódese obter máis información na web do Consorcio (http://www.igualdadebenestar.org/novas/nova.php?id=423&lg=gal) e tamén consultar as resolucións publicadas nesta última (http://igualdadebenestar.org/mediateca/escolas_infantis/escolas_2011/resolucion_matricula_final_2011.pdf) ou no portal da Rede de Escolas Infantís de Galicia (http://escolasinfantis.net/index.php?modulo=novas&accion=consultarNovas&id_nova=623).