Educación: premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 no SUG

23/04/2021

Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia competitiva, premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Estes premios, ademais de ter asinada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

 

Requisitos das persoas solicitantes

  • Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Teren rematada a titulación oficial de grao no curso académico 2019/20.
  • No programa de simultaneidade de graos, ter rematado os dous graos no curso académico 2019/20.
  • Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias. 

 

Dotación do premio

  • As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
  • Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de graos no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun grao deberá escoller en que grao desexa recibir o premio.

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de abril ata o 24 de maio.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210423/AnuncioG0598-140421-0002_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a