Educación: axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

21/05/2019

Obxecto

Convocar axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento ED202A), nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de Artes Plásticas e deseño, Ensinanzas Deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos

1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2019.

3. Non poderá ter a condición de persoa beneficiaria das axudas previstas nesta orde o alumnado que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O/A solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

 

  • Primeiro prazo: ata o 21 de xuño, para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
  • Segundo prazo: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190521/AnuncioG0534-090519-0002_gl.pdf

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a