Consello da Cultura Galega: convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

10/05/2019

Obxecto: convocar dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora;

- unha de investigación: persoas licenciadas ou graduadas nas áreas de humanidades e ciencias sociais ou titulacións equivalentes

- outra de creación: persoas con  titulación universitaria ou de grao superior en ciclos formativos de ensinanzas artísticas, coreográficas, escénicas, musicais, deseño, imaxe e son.

Características, contía e duración das bolsas:

  • A contía das bolsas será de mil euros mensuais e están sometidas ás retencións establecidas pola lexislación fiscal para as rendas de traballo (Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas). Nesta contía están incluídos os custos da Seguridade Social.
  • A Casa de Velázquez asumirá os gastos de hospedaxe. Proporcionará, ademais, tarifas preferenciais (boursier) para os gastos de mantemento na cafetaría da Casa de Velázquez. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de empregar os espazos de traballo e documentación da Casa de Velázquez. Do mesmo modo, poderán participar nas actividades de investigación e creación da Casa de Velázquez.
  • A duración de cada unha das bolsas será de tres (3) meses e, a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2019 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2019. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de xullo

 

Solicitude

 

Convocatoria

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a