Consello da Cultura Galega; convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entida

29/04/2019

Obxecto: Convocar cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións: Ademais dos requisitos xerais , debera estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas ou titulacións equivalentes.

Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación: Ademais dos requisitos xerais , debera estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Información e Documentación ou titulacións equivalentes.

Dúas bolsas para colaborar na Área de Comunicación: Ademais dos requisitos xerais , debera estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.

Contía e duración das bolsas:

  • A contía das bolsas será de mil euros mensuais (1.000 euros) e está sometida ás retencións establecidas pola lexislación fiscal para as rendas de traballo. Nesta contía están incluídos os custos da Seguridade Social (cota social e cota obreira).
  •  A duración de cada unha das bolsas será de sete (7) meses, a data estimada de comezo é o 1 de xuño de 2019 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2019. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de maio.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a