Educación:axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek

13/03/2020

Obxecto: convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

 

Quenda

Datas

Nº de alumnado

Curso

16-22 de agosto

100

3º ESO

23-29 de agosto

100

4º ESO

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30. As familias ou titores/as legais dos/as menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de celebración da actividade e os gastos que isto ocasione serán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

 

Prazo para a presentación de solicitudes:  ata o 13 de abril

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200313/AnuncioG0534-030320-0002_gl.pdf

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a