Política Social: prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019

02/04/2019

Obxecto: ofertar prazas para as estadías e os tratamentos termais dentro do programa de Benestar en balnearios 2019. Entendendo por establecementos balnearios aqueles que dispoñen de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública segundo o artigo 2 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas e quendas convocadas

  • Convócanse 700 prazas.
  • As quendas teñen una duración de 10 días, con nove noites cada unha, e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
  • O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de outubro de 2019.

Servizos e prestacións ofertados

- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

- Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:

  1. O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
  2. O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
  3. O seguimento médico do tratamento.

- Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, termal ou residencial.

- Póliza colectiva de seguro turístico.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de maio.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a