Política Social: prazas para as estadías e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019

02/04/2019

Obxecto: ofertar prazas para as estadías e os tratamentos dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019. Entendendo, por talasoterapia o método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño (auga de mar, algas, barro e outras sustancias extraídas do mar) e do clima como axente terapéutico.

Prazas e quendas convocadas

  • Convócanse 362 prazas.
  • As quendas teñen una duración de 6 días, con cinco noites cada unha, e comprenderán desde as catorce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
  • O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de novembro de 2019.

A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres, de uso compartido.
  • Acceso diario ao circuíto mariño.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.

 

Prazo de preesntación de solicitudes: ata o 2 de maio.

 

solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190402/AnuncioG0425-250319-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a