Emigración: Reencontros na casa para persoas residentes no exterior

15/03/2019

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ser emigrante galega.
  2. Ter a nacionalidade española.
  3. Residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
  4. Ter, cando menos, 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
  6. Para seren persoas beneficiarias deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes certificados médicos.
  7. Contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles durante a súa estadía en Galicia.
  8. Ter ingresos inferiores a 3 veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Estado español correspondente ao ano desta convocatoria, segundo o país de residencia, para poder optar ás prazas financiadas ao 100 %, ao 90 % e ao 60 % . Estes límites non serán aplicables ás prazas financiadas ao 0 %.

Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, as contías anteriores virán determinadas pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que conviven menos unha.

Non obstante, estas contías, por proposta do órgano instrutor, poderán ser modificadas mediante resolución ditada pola persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración para aqueles países en que teña aumentado o índice de prezos de consumo por riba dun 3 %, no momento de resolución da convocatoria.

2. Poderán ser beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga de afectividade ás persoas solicitantes indicadas no punto 1, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos puntos 5 e 6 e acheguen a documentación xustificativa.

3. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os fillos e as fillas de persoas emigrantes galegas que teñan a condición de persoa galega e cumpran os requisitos indicados nos puntos 2, 3, 4, 6, 7 e 8 e non teñan participado en programas de viaxes a Galicia da Secretaría Xeral da Emigración nos últimos 10 anos.

 

Prazas convocadas

País

Nº prazas /porcentaxe financiamento

100%

90%

60%

0%

Arxentina

 

 

75

5

Brasil

 

 

15

5

Cuba

 

10

 

 

Venezuela

50

 

 

 

Uruguai

 

 

32

5

Resto países de América

 

 

8

10

TOTAL

50

10

130

25

 

Prazo de presentación de solicitudes: 15 de abril


Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190315/AnuncioG0244-040319-0002_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a