Educación: convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións

14/07/2020

Obxecto:  convocar os premios de excelencia académica de grao co obxecto de incentivar o alumnado do Sistema universitario de Galicia con aproveitamento académico excelente.

 Persoas destinatarias: Estes premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Características dos premios:

  • Concederase un premio por cada titulación oficial de grao ao alumnado que finalizase os estudos de primeiro, segundo e terceiro curso nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos das ditas titulacións, estenderase o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para o grao de 6 anos.
  • Para o alumnado dos programas de simultaneidade estenderase o premio ata o penúltimo curso da organización docente.
  • Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
  • Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200714/AnuncioG0534-070720-0001_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a