Medio Rural: axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia

24/01/2019

Obxecto: Convocar as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2019.

Estas axudas concedense en forma directa as persoas agricultoras. 

Poderán ser beneficiarias delas as persoas aseguradas titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2019 e liñas gandeiras dos plans 2018 e 2019, formalizadas no 2019, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde.

Tamén poderán ser beneficiarias das axudas as persoas titulares de explotacións de acuicultura continental.

 

Mais información sobre a solicitude

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0426-271218-0007_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a