Política social: habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a

17/01/2019

Obxecto: regular o procedemento e aprobar a convocatoria de habilitación excepcional e habilitación provisional das categorías profesionais de xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal dos centros e servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Persoas solicitantes e requisitos da habilitación excepcional

Poderán solicitar a habilitación excepcional, as persoas que con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 cumpriran os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, ter obtido o certificado de rexistro de cidadanía comunitaria, a tarxeta familiar de cidadanía da Unión Europea ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

b) Ter desempeñado funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal ou estar en situación asimilada ao alta (ou atoparse en situación de suspensión da relación laboral con dereito a reserva do posto de traballo), ou estar a prestar servizos como persoal voluntario ou bolseiro en empresas, entidades ou institucións que ofrezan atención sociosanitaria en centros ou servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría profesional que corresponda, durante polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas na categoría profesional correspondente nos últimos 12 anos.

c) No suposto de non alcanzar os requisitos de experiencia mínima establecidos na letra anterior, que se traballara na categoría profesional correspondente e ter acreditada, a data 31 de decembro de 2017, formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar nun mínimo de 300 horas nos últimos 12 anos.

Solicitude e tramitación en liña

 

  • Persoas solicitantes e requisitos da habilitación provisional

Poderán solicitar a habilitación provisional, as persoas que con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, ter obtido o certificado de rexistro de cidadanía comunitaria, a tarxeta familiar de cidadanía da Unión Europea ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

b) Ter desempeñado, con anterioridade no 1 de xaneiro de 2018, as súas funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou de asistente/a persoal sen alcanzar os requisitos para a habilitación excepcional.

c) Formular unha declaración responsable (anexo II) comprometéndose a participar nos procesos de avaliación e acreditación da experiencia laboral, que se realicen desde o ámbito estatal ou autonómico, ou a realizar a formación vinculada aos correspondentes certificados de profesionalidade ou títulos de formación profesional, para obter a acreditación na categoría profesional antes do 1 de xaneiro de 2023. Transcorrido este prazo sen participar nos devanditos procesos ou sen realizar a formación vinculada exixida, a habilitación provisional deixará de ter efectos.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190117/AnuncioG0425-080119-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a