Turismo: axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial

22/01/2019

Obxecto: Convocar axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19.

Contía e número: concederanse un máximo de 20 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno, sen que, en todo caso, esta cantidade supere o 40 \% do importe da matrícula.

Persoas solicitantes: Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190122/AnuncioG0256-271218-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a