Educación: premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño

06/09/2018

Obxecto: Convocar os premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais para o alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2017/18, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características:

  • Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 na modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.
  • A contía de cada premio non poderá exceder os 850 euros por premio. Estas contías estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais poderán concorrer, logo da inscrición, ao correspondente premio nacional.
  • Estes premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de ensinanzas artísticas profesionais.

 

Solicitude e tramitación en liña


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a