Política Social: programa Xuventude Crea

10/08/2018

Obxecto: Convocar o programa Xuventude Crea, (procedemento BS310Q), e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate.

Obras e premios:

- Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade.

- As obras presentadas polas persoas participantes non poderán ter sido premiadas, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes, noutros certames ou concursos.

- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual puidesen incorrer as persoas participantes.

- Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades (teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate):

  • Un primeiro premio de 3.000 €.
  • Un segundo premio de 1.500 €.
  • Un terceiro premio de 1.000 €.

O cobro destes premios queda condicionado á correspondente actuación por parte das persoas premiadas nos lugares que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado enmarcados dentro do Circuíto de Creatividade. As primeiras persoas premiadas realizarán dúas actuacións e as segundas e terceiras unha actuación.

- Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden a suficiente calidade.

- Cada persoa participante non poderá recibir máis dun premio por especialidade.

- Estes premios serán complementados de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade.

- As contías dos premios obxecto desta convocatoria serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme á lexislación tributaria.

- Entregaranse diplomas a todas as persoas premiadas e ás persoas finalistas.

- Segundo a calidade das obras poderían ser declarados desertos ou compartidos algúns dos premios. Neste último caso, a contía do premio repartirase de xeito directamente proporcional ao número de obras premiadas.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña...

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0425-020818-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a