Educación: bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior

26/04/2019

Obxecto: Convocar cen bolsas (100) para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional, que se inicien no curso académico 2019/20, sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a concesión destas bolsas é necesario que se acredite estar matriculado/a no primeiro curso dun ciclo de grao superior de formación profesional en réxime ordinario ou de formación profesional dual, no curso 2019/20.

Persoas beneficiarias:

Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos académicos de acceso a un ciclo de grao superior de formación profesional.

Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa foran beneficiarias e desfrutaran desta bolsa na convocatoria anterior, así como aquelas persoas beneficiarias que causaran baixa ou renunciaran á referida bolsa.

 

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo para presentar solicitudes será de 45 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo. É dicir, ata o 2 de xullo.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190426/AnuncioG0534-100419-0001_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a