Educación: bolsas destinadas ao alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios

29/07/2019

Obxecto: Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 140 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Período e dotación da bolsa:

  • O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico  2019/20.
  • A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2019/20 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario Galicia).
  • Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de setembro

 

Solicitude e tramitación en liña

 


 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a