Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio> Novas/Avisos

Os roteiros para a xuventude


19/02/2010

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a organizar Os roteiros para a xuventude, unha actividade na que poderán participar máis de 1.000 mozas e mozos de toda Galicia entre os 18 e os 30 anos.

O programa é unha iniciativa ambiental que consiste no desenvolvemento de diversas saídas de fin de semana durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, que inclúen itinerarios de cultura mariñeira, rutas de senderismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia.

O programa consta de catro actividades e localizacións específicas:

  • Os roteiros pola Costa da Morte, que terán lugar no centro de actividades Nalú, en Caldebarcos (Carnota).
  • O Roteiro R'Auga, que se desenvolverá no algergue xuvenil de As Sinas (Vilanova de Arousa).
  • O programa multiaventura, que e realiza no albergue xuvenil de Pontemaril (Forcarei).
  • O programa natureza e aventura, que terá lugar en Fornelos de Montes.

Cada un dos roteiros comezará o venres, entre as 19.00 e as 20.00 horas, e rematará o domingo despois da comida.

A reserva da praza

Os/as interesados/as en participar na iniciativa da Xunta xa poden facer a reserva da súa praza nos números de teléfono 981 545 937/ 545 702 e 545 822, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Unha vez realizada a inscrición deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. En caso contrario, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada. No momento de facer a chamada indicarase a información necesaria para facer o ingreso. Na páxina web www.xuventude.net ofrécense máis datos do programa e a través do e-mail xuventude@xunta.es resolveranse todas as dúbidas.

As persoas que posúan o Carné Xove ou do Carné Máis deberán abonar 57 euros. A taxa para os/as que non dispoñan destes documentos é de 75 euros. A cobertura das actividades non inclúe os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.

Máis información en www.xuventude.net