Educación: premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico

24/07/2020

Obxecto: Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Requisitos de participación

Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  • Ter cursado durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Número e características dos premios

  • Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
  • Cada premio estará dotado con 750 €.
  • A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.

 

O prazo de presentación de solicitudes: do 27 de xullo ata o 21 de agosto.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a