Axencia Turismo de Galicia: bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

01/07/2019

Obxecto: Convocar bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2019/20, código do procedemento TU200A.

Clases e contías das bolsas:

1. As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, establécense dúas modalidades:

  •  Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
  •  Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

 3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG distribuiranse nos seguintes grupos:

  •  Seis (6) bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
  •  Doce (12) bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
  •  Tres (3) bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de agosto

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a