Emigración: programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega que residan no exterior

06/05/2019

Obxecto: Convocar as axudas correspondentes ao programa Campos de Traballo para o ano 2019, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

 

Número de prazas convocadas e características:

O programa consistirá na participación nun Campo de Traballo en Portomarín.

  • Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. As instalacións e datas concretas adaptaranse ao disposto na convocatoria do Programa de Campos de Traballo da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
  • A Consellería de Política Social colaborará na execución deste programa poñendo á disposición das persoas beneficiarias os servizos de aloxamento e manutención nos albergues xuvenís e residencias asignadas.
  • A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe e dos traslados aéreos das persoas participantes mediante o financiamento do custo dos billetes de ida e volta en avión, segundo o número de prazas que figuran a continuación, agás para as persoas participantes procedentes do resto de comunidades autónomas do Estado español. Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída.

 

País

100 %

50 %

0 %

Total

Arxentina

2

2

1

5

Brasil

1

1

1

3

Cuba

2

-

-

2

Uruguai

1

2

1

4

Venezuela

2

-

-

2

Resto de América

1

1

-

2

Resto de España

-

-

2

2

Resto de Europa

-

1

1

2

Totais

9

7

6

22

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de xuño.

 

Solicitude

 


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a