Emigración: programa Reencontros na terra para residentes no exterior

16/04/2019

Obxecto: convocar as axudas correspondentes ao programa Reencontros na terra para o ano 2019, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía nunha residencia e posteriormente coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

As axudas consistirán no financiamento do custo da viaxe de ida e volta desde os seus países de residencia ata Galicia e da estadía na residencia das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.

Características do programa:

1. As viaxes serán de ida desde o país de residencia habitual da persoa solicitante ata un aeroporto de Galicia e de retorno ao dito país.

2. As persoas participantes residirán durante catorce (14) días nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia.

3. Serán por conta das persoas participantes que desexen prorrogar a súa estadía en Galicia todos os gastos durante o tempo que permanezan coa súa familia, unha vez finalizada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período aproximado de 30 ou 45 días desde a súa chegada a Galicia. Estes períodos deben estar indicados no formulario de solicitude e poderán ser modificados no prazo de 3 días posteriores á data de publicación das listaxes de persoas seleccionadas. Rematado este prazo, calquera cambio do tempo de permanencia en Galicia só poderá ser autorizado pola Secretaría Xeral da Emigración, por petición por escrito da persoa solicitante por motivos de causa maior..

4. A prestación da asistencia sanitaria das persoas beneficiarias realizarase de acordo coa lexislación nesta materia e cos convenios subscritos polo Estado español e a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

País

Nº de prazas

Arxentina

              69

Brasil

9

Cuba

5

Uruguai

27

Venezuela

22

Outros países

3

TOTAL

135

 

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de maio.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190416/AnuncioG0244-290319-0002_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a