Educación: premios extraordinarios de bacharelato

22/04/2021

Obxecto: Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

 

Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 120, do 29 de xuño).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

 

Número e características dos premios:

  • Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
  • Cada premio estará dotado con 1.000 €.
  • Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2021/22.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210422/AnuncioG0598-120421-0001_gl.pdf

 

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a