Axencia Galega de Servizos Sociais: Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

15/03/2019

Obxecto: convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Socias para o curso 2019/20  (código BS402A solicitudes de novo ingreso e código BS402F solicitudes de renovación).

Requisitos para ser adxudicatario/a

  • Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
  • Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2019. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
  • Respecto daquelas familias que xa escolarizaran un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul, estar ao corrente no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Solicitude de praza

 

Opción de participación no programa Bono Concilia.

A persoa solicitante que non obteña praza pública poderá optar, nas condicións que estableza a correspondente convocatoria, ao Bono Concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Para estes efectos, deberase cubrir a epígrafe correspondente na solicitude de novo ingreso e, ademais, presentar a documentación requerida.

Opción de participación no programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

As persoas que non obteñan praza pública poderán optar a unha praza nalgunha das escolas infantís adscritas ao programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada. Para estes efectos, deberán cubrir a epígrafe correspondente da solicitude no anexo I desta resolución e, ademais, presentar o anexo IV debidamente cuberto, no cal se seleccionarán un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas deste servizo.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de abril.

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190315/AnuncioG0379-080319-0001_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a