Emigración: convocatoria de bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster

03/02/2021

Obxecto: Convocatoria de duascentas (200) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega.

Para a concesión destas bolsas é necesario que se acredite de xeito previo estar matriculado/a nun máster dos establecidos nesta orde de convocatoria, nun mínimo de 60 créditos ECTS e modalidade presencial ou semipresencial.

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

2. Quedan excluídas desta convocatoria, as persoas que xa fosen beneficiarias e desfrutasen desta bolsa en anteriores convocatorias, así como aquelas persoas beneficiaras que causasen baixa ou renunciasen a ela, sempre que o fixesen nun momento que imposibilitase cubrir a súa baixa cunha persoa da lista de suplentes.

 

Prazo de Preesntación de solicitudes: ata o 30 de abril de 2021, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0595-140121-0001_gl.pdf

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a