Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio> Novas/Avisos

5ª Xornadas comarcais para técnicas/os para a educación familiar


14/10/2009

O programa Tecendo redes, de apoio á Educación Familiar, celebra durante a primeira quincena de outubro as 5ª xornadas comarcais para Técnicas/os para a Educación Familiar. En total, terán lugar 12 xornadas, unha por cada área territorial de oficinas I+B onde as técnicas de Tecendo redes desenvolven as súas actuacións, e ás que asistirán ao redor de 200 técnicas/os para a educación familiar dos servizos sociais municipais.


Nestas 5º xornadas, as/os técnicas/os para a educación familiar reflexionarán e validarán, a través de dinámicas grupais de toma de decisión, os contidos sobre Metodoloxías de intervención para a educación familiar, correspondentes ao 3º bloque do Programa marco para a educación familiar, centrados na fundamentación do acompañamento psicosocioeducativo como metodoloxía principal para a educación familiar, nas fases do proceso de intervención individual e grupal con familias, e nos instrumentos para a planificación, avaliación e sistematización do traballo.


Estas xornadas culminan cunha etapa de discusión e reflexión previa das técnicas/os para a educación familiar, a través dos grupos de traballo da intranet www.familiasgalegas.org/educacionFamiliar, e de acompañamentos individualizados nos seus postos de traballo por parte das técnicas de Tecendo redes.


Unha vez consensuados os acordos das diferentes redes para a educación familiar, o documento de síntese será avaliado e asesorado pola Comisión Interdisciplinar, unha mesa de traballo constituída por representantes de diferentes entidades sociais e profesionais que avalan e supervisan cada fase da elaboración do Programa Marco (Fundación Preescolar na casa, Fundación Meniños, Colexios Profesionais, Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, Fundación Faiben, CONFAPA, representantes de centros educativos e sanitarios, Asociación de Educadoras-es Familiares de Galicia e Asociación Galega de Terapia Familiar).


A necesidade de contar cun documento técnico de referencia para o desenvolvemento de actuacións psicosocioeducativas coas familias resposta a unha demanda compartida polas profesionais e derivada da heteroxeneidade existente na execución do programa para a educación familiar nos distintos concellos.


Estas xornadas enmárcanse como unha das actuacións de Tecendo Redes, o programa de apoio á educación familiar que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de familia e Benestar, e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar puxo en marcha a nivel galego a través das Oficinas I+B, e que ten como finalidade principal articular e reforzar os servizos, programas e recursos de apoio ás familias.