Parlamento de Galicia: convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica

17/06/2019

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2019, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

  • Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
  • Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
  • Dúas bolsas de formación en publicacións.
  • Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
  • Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
  • E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (https://goo.gl/rp8cEP).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a