Educación: convocatoria de bolsas de formación en materia de arquivos

06/02/2018

Obxecto e finalidade

Convocar 20  bolsas de formación en arquivos de Galicia.

As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos aos cales sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

A formación comprenderá unha parte teórica impartida polo persoal técnico designado pola Secretaría Xeral de Cultura.

 

Contía e duración das bolsas:

As bolsas terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino, podendo  ser prorrogables automaticamente ata outros seis meses (6) en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018 e 2019.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos noventa e cinco euros con cinco céntimos (895,05 €).

 

 

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

 

Convocatoria

 

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a