Educación: premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

07/08/2017

Obxecto: convocar ata un máximo de 20 premios, cunha dotación económica de 750 €.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 21 de agosto de 2017 e rematará o día 20 de setembro de 2017.

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a