Política Social: prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís

05/07/2019

Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

 

Cidade

Residencia

Prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

4 home/muller

Ourense

Florentino L. Cuevillas

5 home/muller

Vigo

Altamar

6 home/muller

 

Dereitos das persoas adxudicatarias:

1. As persoas colaboradoras bolseiras, como residentes, poderán facer uso dos servizos de aloxamento e mantenza, aula de estudo-biblioteca, salas de xogos, televisión e vídeo, e das actividades culturais e deportivas que se desenvolvan na residencia.

2. As persoas colaboradoras bolseiras como perceptoras da bolsa desfrutarán de:

  • Aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo.

Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa non se ofrecerán os servizos de mantenza nin de aloxamento, ben que se lles reservará ás persoas colaboradoras bolseiras o dereito á tenza de enxoval nos cuartos.

As fins de semana e festivos non se prestarán servizos de comedor.

O aloxamento será de tal xeito que lles permita ás persoas colaboradoras bolseiras a normal realización dos seus estudos.

  • O recoñecemento da súa condición de persoa colaboradora bolseira ante o resto das persoas residentes.
  • Contar coa asistencia dun titor ou titora que coordine e dirixa a actividade que desenvolva/n como persoa/s colaboradora/s bolseira/s na residencia.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de agosto.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190705/AnuncioG0425-240619-0001_gl.pdf

 

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a