Residencias de Tempo Libre da Consellería de Traballo e Benestar: Anuncio do sorteo da letra pola cal se iniciará a adxudicación das prazas

02/05/2017

De acordo co establecido no artigo 12 da Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2017 a adxudicacións de prazas nas ditas residencias comezará pola data que resulte dun sorteo de datas.

O sorteo será público e terá lugar o 8 de maio de 2017, ás 10:00 horas nas dependencias da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Neste sorteo entrarán todas as datas do prazo establecido na orde de convocatoria e delas sairá unha que será pola cal se iniciará a adxudicación das prazas  ata cubrir os cuartos dispoñibles.
Data do sorteo público: o 8 de maio.

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a