Política Social: oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017

16/03/2017

Obxecto:

Convocar 600 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia 2017. As quendas teñen una duración de 10 días, con nove noites cada unha, e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Servizos e prestacións ofertados

A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:

a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres, de uso compartido.

b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV que comprenderán:

  • O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
  • O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
  • O seguimento médico do tratamento.

c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.

d) Póliza colectiva de seguro turístico.

 

O prazo para a presentación das solicitudes empeza o día 17 de marzo e remata o día 17 de abril.

 

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

Convocatoria

 


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a