Política social: adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas en escolas infantís 0-3 de titularidade privada

13/09/2018

Obxecto: Convocar a adxudicación de prazas nas escolas infantís que resultaron adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia, así como no concello de Monforte de Lemos (Lugo).

 

Persoas adxudicatarias

Poderá adxudicarse unha praza do servizo de educación infantil 0-3 anos en escolas infantís de titularidade privada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:

  • Os nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2017/18 para a renovación de praza, sempre que non teñan cumpridos os tres (3) anos de idade o 31 de decembro de 2018 e a escola infantil en que estaban escolarizados resultase adxudicataria do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.
  • Os nenos e as nenas de novo ingreso cun/ha irmán ou irmá que renove unha praza concertada do curso 2017/18 para o 2018/19.
  • Os nenos e as nenas solicitantes de praza de novo ingreso para o curso 2018/19 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles.

Condicións xerais das prazas

- Nas prazas das escolas infantís de titularidade privada adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos, poderase optar, en canto que teñen a condición de públicas, por unha das seguintes modalidades de servizo:

  1. Atención educativa con comedor.
  2. Atención educativa sen comedor.

- O horario para o alumnado que opte pola modalidade de servizo prevista no punto 2 do punto anterior será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

- As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se solicite ante a dirección do centro con antelación suficiente e se aboe o prezo estipulado.

- Unha vez concedida a praza de acordo co procedemento establecido nesta orde, esta manterase nas mesmas condicións durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

- A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola cal opte.

- Así mesmo, o alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2018/19.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de outubro

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180913/AnuncioG0425-050918-0001_gl.pdf

 

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a