Educación: axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/18

17/01/2018

Obxecto:

Convocar axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2017/18, do alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE núm. 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.

Contía da axuda

1. A dotación asignada a cada persoa beneficiaria será a do importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula, que é dun máximo de 835,8 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 591 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, tal e como se recolle no Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18 (DOG núm. 134, do 14 de xullo).

2. A axuda só alcanzará os créditos dunha única titulación.

3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que teña dereito a persoa beneficiaria.

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de xaneiro ao 19 de febreiro.

 

Solicitude e presentación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180117/AnuncioG0164-211217-0010_gl.pdf

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a